Presentan en China un móbil con proxector de vídeo

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A interface do novo móbil de ChinaKing imita claramente ao iPhoneDurante a Mostra Internacional da Industria de Telefonía Móbil de Tianjin (IMIE2008) amosouse un novo teléfono móbil de ChinaKing que, aparte de presentar unha interface de uso que imita ao iPhone de Apple, conta cun picoproxector con iluminación LED, que é capaz de crear unha imaxe de 30 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles durante un par de horas, de xeito que sería o primeiro móbil con estas prestacións, adiantándose a terminais de marcas recoñecidas.
Nun principio este revolucionario dispositivo aínda non entrou en fase de produción, e coma outros produtos do mesmo fabricante, quedaría no mercado chinés, pero podería pioneiro dunha nova gama de móbiles pensados para a realización de presentación ou para visualizar contidos multimedia en grupo.

PUBLICIDADE