Preparan unha alternativa ao Chromecast baseada en Firefox OS
luns, 23 de xuño do 2014
Nos
últimos dÃas un evanxelista de
Firefox amosou
un dispositivo con conexións HDMI que parecÃa ser unha alternativa ao
Chromecast de Google que funcionarÃa con Firefox OS, levando incluso á
xente de Mozilla a ter que negar
que estivesen eles mesmos a traballar no trebello (xa que non fabrican
hardware), pero dando a entender que si é posible que algún dos seus partners si este a realizar tal
desenvolvemento, o que en Gigaom demostran que é máis que un rumor, xa que tiveron
acceso a un prototipo deste dispositivo.
O trebello baseado en Firefox OS terÃan un funcionamento case idéntico ao do
Chromecast, sendo incluso compatible coas aplicacións para o dispositivo de
Google, polo que poderiamos velo como unha resposta máis aberta ao Chromecast, o que poderÃa facilitar a eliminación de
restricións como os tipos de contidos que poden reproducirse da Internet ou as
poucas plataformas para as que está dispoñible o seu SDK (por exemplo, poderÃa
funcionar con dispositivos móbiles de Amazon e móbiles con Windows Phone).
De todos os xeitos, polo momento non se coñece ningún detalle sobre este
desenvolvemento a nivel de produto, aÃnda que as filtracións dan a entender que poderÃa comercializarse en poucas
semanas.