Preparan un teclado Bluetooth que recrea o ZX Spectrum
xoves, 26 de decembro do 2013- Prototipo funcional do teclado Bluetooth que recrea a aparencia do clásico ZX Spectrum
Un dos editores de videoxogos máis coñecidos de finais dos
anos 80 no Reino Unido, Elite Systems,
continúa en activo especializándose en xogos para dispositivos móbiles, centrando
a súa actividade principalmente en recuperar a sistemas actuais xogos de
Commodore 64 e Sinclair Spectrum, o que os levou a iniciar un curioso proxecto
de micromecenado a través do que facer posible unha recreación do teclado do ZX
Spectrum que poida conectarse por Bluetooth a iOS e, máis adiante, a
Android e Windows Phone, facilitando que smartphones e tablets poidan gozar de
videoxogos clásicos mantendo a súa interface de control orixinal.
A campaña de captación de fondos rematará o 31 de xaneiro e pretende xuntar un
mÃnimo de 60.000 libras esterlinas, tendo que aboarse 50 libras (71,80 euros
con gastos de envÃo incluÃdos) para facerse unha das primeiras 1.000 unidades
deste teclado desenvolvido coa licencia oficial e coas teclas de goma que
tantos recordos poderán traer a moitos dos nostálxicos que gozaban do Spectrum,
ordenador doméstico que superou os 5 millóns de unidades vendidas en todo o
mundo, aÃnda que os seus principais mercados foron o británico e o español
(sendo un dos catalizadores da chamada Idade
de Ouro do Software Español).
Os usuarios que se fagan con este teclado Bluetooth a través de Kickstarter
tamén recibirán unha aplicación para iOS que permite gozar deste accesorio nun
iPhone ou iPad (ou crédito na App Store para poder adquirir a aplicación
correspondente), aÃnda que cómpre destacar que, ao estarmos ante un dispositivo
Bluetooth, é moi posible que sexa posible adaptalo para o seu uso non só nos
dispositivos para os que o adapte Elite, senón tamén en ordenadores persoais
para o seu uso en emuladores.
O Bluetooth ZX
Spectrum pretende entregarse aos compradores a partir de setembro de 2014.
- O teclado facilitará unha realÃstica recuperación dos xogos de ZX Spectrum a través de emuladores