Preparan dispositivos con soporte Slideshow a prezos competitivos

luns, 18 de xuño do 2007 Marcus Fernández

MK140 eChatter

Windows Vista incorpora a tecnoloxía Slideshow, que permite o uso de pantallas externas nas que reproducir mini-aplicacións, podería dar lugar a toda unha gama de accesorios para o ordenador que prometen un prezo competitivo. Así, Ricavision pretende vender o seu MK140 Fridge Magnet a uns 80 dólares e o seu MK140 eChatter por uns 150 dólares, o que serían un prezos atractivos para popularizar os dispositivos deste tipo.

Mk140 imán de neveira

O MK140 Fridge Magnet é unha especie de caderno de notas electrónico que mesmo se pode adherir ó frigorífico, recoñecendo a escritura do usuario na súa pantalla de 3,5 polgadas e podendo comunicarse sen fíos cos ordenadores con Windows Vista, mentres que o MK140 eChatter é un dispositivo aínda máis impresionante, pois conta cunha pantalla de 5 polgadas, un teclado QWERTY deslizante e tecnoloxía sen fíos que permite empregalo tanto para escribir correos electrónicos como para usar mensaxería instantánea. Este último tamén se podería empregar para comunicacións de voz.

PUBLICIDADE