Popularízase en Xapón o uso do celular para facer pagos electrónicos

martes, 17 de xullo do 2007 Matías Olazabal

Como se non foran poucas as funcións que os celulares levan a cabo hoxe en día, os xaponeses xa empregan masivamente o móbil para realizar os seus pagos de tódolos días. Esta nova forma de pago lévase a cabo grazas a unha tecnoloxía desenvolvida por Sony que converte o teléfono nunha carteira electrónica, para a que fai falta instalar un chip sen fíos que opera por radiofreceuncia (sistema RFID) e que vén reemplazando ó código de barras impreso tradicional, cumprindo coa mesma función de identificación.
O devandito chip, bautizado coma “FeliCa”, permite que con só achegar o mesmo a un dispositivo lector se leve a cabo a transferencia electrónica nunha décima de segundo. As compras levadas a cabo por este novo sistema superan xa os 900 millones de dólares, e a práctica estase a espallar en China, Singapur, Tailandia e India.
Na actualidade, máis de 200 millons de persoas usan este sistema de pago, e, segundo os seus impulsores, as previsións sitúano coma “a forma de pago do futuro”. O sistema xa opera en caixas de comercios, expendedores de billetes de metro e de bebidas, por citar algúns exemplos.