Ponteareas acollerá unha charla sobre os riscos para os nenos dunha navegación incorrecta

venres, 11 de novembro do 2011 Fernando Sarasketa

A ANPA Pena do Equilibro, do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas, organiza o vindeiro 23 de novembro unha charla sobre os riscos que pode implicar unha navegación non axeitada nas redes. O evento, que se vai desenvolver no Auditorio Reveriano Soutullo, contará coa presenza de J. Losada, tenente da Garda Civil do Grupo de Delitos Telemáticos, quen fará un percorrido por todas aquelas cousas que as novas xeracións, e non tan novas, deberían saber sobre as redes: que teñen unha boa cantidade de vantaxes para a formación e o coñecemento pero que tamén presentan eivas importantes de seguridade que cómpre cubrir co apoio das nais, e os pais ou os titores.
De feito, a charla servirá en boa medida para comunicarlles as familias das nenas e os nenos do devandito CEIP os principais pasos a seguir para contribuír, no fogar, a acadar navegacións axeitadas e produtivas. A charla dará comezo ás 20 horas e desenvólvese baixo o seguinte epígrafe: Os perigos de internet: as redes sociais.

PUBLICIDADE