Pokémon Rumble Rush chega a iOS
martes, 23 de xullo do 2019
Hai
un par de meses o xogo móbil Pokémon Rumble Rush abriuse a todo o mundo a
través da tenda de aplicacións de Google Play, de xeito que podiamos dar
por rematadas os dous anos de probas deste tÃtulo no Xapón, pero este tÃtulo
que adapta o Pokémon Rumble de Wii (lanzado en 2009) a dispositivos
móbiles permanecÃa inédito en iOS até agora, cando por
fin chega á App Store, permitindo asà que usuarios de iPhone e iPad poidan
gozar deste xogo dunha das franquÃas máis activas nos últimos anos.
Este xogo pode descargarse de balde, incluÃndo compras opcionais dentro da
aplicación, e para animar aos xogadores a manter a atención neste tÃtulo que
convida a capturar criaturas Pokémon, cada dúas semanas a acción trasládase a
outra illa, facilitando asà que vaiamos coñecendo novos territorios e descubrindo
novas criaturas que coleccionar.
Pese a que este tÃtulo está baseado nun xogo de consola, non deixa de ser unha
aplicación móbil moi básica, polo que non está a conseguir a atención de xogos
móbiles como Pokémon Go ou incluso Pokémon Quest ou Pokémon:
Magikarp Jump, polo que semella que a franquÃa foi perdendo forza en
contornos móbiles e o público está máis interesado no vindeiro xogo de Pokémon
para Nintendo Switch que en sucedáneos móbiles.
- Imaxes do xogo na súa versión para iOS