Pokémon GO recibe aos Pokémon de quinta xeración

martes, 17 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Tras nacer como un fenómeno social hai algo máis de tres anos, Pokémon GO estabilizouse como un xogo móbil cun público estable e novidades constantes, que está a recibir unha importante actualización a través da que chegan as criaturas Pokémon da rexión de Teselia, que únense así aos de Kanto, Johto, Hoenn e Sinnoh, polo que o catálogo de criaturas é cada vez máis rico, convidando agora aos xogadores a atopar aos Pokémon dos xogos Pokémon Negro e Pokémon Blanco.
Temos así que agora en Pokémon GO podemos atopar en forma salvaxe a criaturas Snivy, Tepig, Oshawott, Patrat, Lillipup, Purrloin, Pidove, Blitzle e algunha máis; nos ovos de 2 quilómetros comezarán a eclosionar crituras Patrat, Lillipup, Purrloin e Pidove; dos ovos de 5 quilómetros teremos criaturas Snivy, Tepig, Oshawott, Blitzle, Drilbur e Foongus; conseguiremos criaturas Ferroseed, Klink, Litwick, Golett e Deino de ovos de 10 quilómetros; será posible desafiar a Lillipup, Patrat e Klink en incursións (Klink non aparece de forma salvaxe fóra de incursións); algunha das criaturas serán propias dunha zona específica do planeta (por exemplo, en Europa teremos a Pansear, o Pokémon Ardente); e incluso será posible empregar a pedra Teselia, obxecto evolutivo branco e negro que permite evolucionar a determinados Pokémon como Lampent.