Podemos levar Android ao televisor por pouco máis de 60 euros

luns, 9 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Achegar contidos da Internet ao televisor cada vez é máis doado, e aínda que non contemos cun novo Smart TV, existen posibilidades moi económicas para levar a Internet ao noso salón como o no stick de ZERO Devices Z900, que pode conectarse directamente a un porto HDMI do noso televisor para convertelo nunha especie de Google TV, pois este pequeno trebello co tamaño dunha unidade de memoria USB funciona con Android 4.0.
Este dispositivo ten no seu interior un procesador TCC8925 a 1 GHz, gráfica Mali 400MP, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb ou USB, Wi-Fi N e alimentación a través dun adaptador externo incluíndo ou por mini USB.
Co Z900 de ZERO Devices non só podemos acceder a aplicacións para Android e páxina web, senón que tamén pode reproducir contidos multimedia (MPEG-1/2/4, H.264, Divx, Xvid, RealMedia, MKV, DB-ISO, VOB, FLV, MP3, OGG, WMA, JPEG, GIF, TIFF, PNG e moitos outros) e para o seu control poden empregarse numerosos dispositivos entre os que destacan mandos a distancia sen fíos que integren touchpad ou control por movemento, levando unha experiencia semellante á do uso dun ordenador ao televisor por un prezo de só 60,89 euros (portes incluídos).

PUBLICIDADE