PlayGalaxy Link permite xogar de xeito remoto ao PC dende os Galaxy Note10

mércores, 11 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Na presentación do Samsung Galaxy Note10 anunciaron que o novo móbil sería compatible con PlayGalaxy Link, un servizo de xogo que permitiría xogar dende o móbil a xogos de PC de xeito remoto, que por fin está dispoñible, aínda que só para EE.UU. e Corea do Sur, xa que falamos dun servizo que aínda está en probas.
Con PlayGalaxy Link podemos xogar en remoto co noso PC dentro do mesma rede Wi-Fi ou incluso a distancia a través de conexións 4G ou 5G, conseguindo unha especie de xogo na nube que depende dos títulos que teñamos no nos ordenador persoal. Amais, para unha boa experiencia de xogo está dispoñible o glap controler, un accesorio que incorpora controis físicos a móbiles Samsung Galaxy.
Tamén compre salientar que este servizo non só está limitado (polo momento) ao Note10 e Note10+, senón que tamén precisa de ordenadores bastante potentes, que como mínimo teñen un procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM DDR4, unha gráfica nVIDIA GTX 1060 ou Radeon RX 550 e un router Gigabit.

Vídeo de presentación do PlayGalaxy Link

PUBLICIDADE