Pinball FX2 pechará o mes estreando versión para Xbox One

xoves, 17 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Aínda que os xogos de pinball son un dos principais expoñentes dos salóns recreativos tradicionais, tamén trunfan en formato electrónico, especialmente a través do título Pinball FX2, que soubo manterse moi activo estreando mesas virtuais con coidados deseños das que poder gozar, e agora este título vai estar tamén dispoñible para os usuarios de consolas de nova xeración, confirmándose que o vindeiro 31 de xullo vai estrear a súa versión para Xbo One, que correrá a 60 imaxes por segundo a 1.080p.
Este xogo incluirá de balde a mesa de Sorcerer’s Lair, e de lanzamento contará cunha completa biblioteca de mesas que podemos adquirir de xeito independente ou en lotes. As mesas en concreto sería as seguintes: Masacre; Star Wars Pinball: Heroes Within: Episode IV A New Hope, Han Solo, Droids, Masters of the Force; Star Wars Pinball: Balance of the Force: Episode VI Return of the Jedi, Starfighter Assault, Darth Vader; Star Wars Pinball Original pack: Episode V, Boba Fett, The Clone Wars; Doctor Strange; Zen Classics: Shaman, El Dorado, Tesla and V12; Pinball FX2 Core pack: Biolab, Pasha, Rome, Secrets of the Deep; Marvel Civil War; Plants VS. Zombies; Marvel Pinball pack: Spider-Man, Iron Man, Lobezno e Blade; Marvel Pinball Avengers Chronicles: World War Hulk, Infinity Gauntlet, Los Vengadores, e Fear Itself; Marvel Pinball Vengeance and Virtue: El Motorista Fantasma, Caballero Luna, Thor e X-Men; Epic Quest; Paranormal; Sorcerer’s Lair; Capitán América; Catro Fantásticos; Mars; Earth Defense e Excalibur.
Máis adiante chegará mesas como a baseada no videoxogo de Telltale The Walking Dead (inspirada na banda deseñada Los Muertos Vivientes).

The Walking Dead terá unha mesa de seu en Pinball FX2

PUBLICIDADE