Pig Up!, o porco voador de Facebook

mércores, 20 de xullo do 2011 Marcus Fernández

PopCap Games, o estudo responsable de Plantas Contra Zombis e Bejeweled, que vén de ser adquirido por Electronic Arts por 750 millóns de dólares está a probar o seu novo videoxogo en Facebook: Pig Up!
Estamos ante xogo moi sinxelo e divertido que consiste en controlar a un porco voador, de xeito que cada vez que prememos no botón esquerdo do rato moverá unha vez as súas ás, tendo un número limitado de batidas que pode incrementarse pillando as mazás que voa polo aire á vez que hai que evitar chocar con abellas. A idea é manterse no aire o meirande tempo posible, para conseguir unha puntuación elevada que despois pode compartirse no noso taboleiro de Facebook para instar aos nosos amigos a superarnos.
Dende PopCap aseguran que o xogo aínda está en desenvolvemento, polo que estará dispoñible en Facebook por tempo limitado nesta versión previa.

PUBLICIDADE