Philips recorre ao micromecenado para lanzar un proxector de tiro ultra curto
venres, 12 de agosto do 2022
Algúns fabricantes coñecidos recorren de cando en vez ao micromecenado
para lanzar algúns produtos, cando non parece ser necesario para estas
compañÃas, pero igualmente conseguen chamar a atención dos consumidores, como
vén de facer Philips co seu proxector Screeneo U4, un proxector de tiro ultra
curto capaz de proxectar unha pantalla de 120 polgadas a só 56 centÃmetros de
distancia da parede, que pode conseguirse por tempo limitado por 649 euros (prezo
ao que haberÃa que engadir IVE e portes) e que ofrécese
a través de Indiegogo.
O Philips Screeneo U4 é un produto moi interesante, polo seu tamaño compacto, ter
resolución Full HD con soporte de HDR10, axustar a súa xeometrÃa de xeito
automático (o que facilita moito a súa instalación), que integra altofalantes 2.1 de 2 x 15 watts que incluso poden empregarse
mediante Bluetooth á vez que tamén pode empregar o Bluetooth para reproducir
son en altofalantes externos, e pode reproducir contidos achegados a través dos
seus 2 portos HDMI 2.1 ou dun porto USB-A.
Pero este tipo de proxector ten os seus peros, pois aÃnda que a súa
flexibilidade de colocación é moi atractiva (pois a entre 4,5 e 56,5
centÃmetros de distancia da parede pode xerar unha imaxe de entre 35 e 120
polgadas), reducindo o espazo preciso para a proxección e a problemática propia
dos obstáculos no fogar, o seu brillo é de só 400 lumenes ANSI, ou sexa, que
hai que empregalo en espazos escuros, de aà que o seu uso estarÃa limitado a escenarios
moi especÃficos (principalmente para conseguir experiencias cinematográficas na
casa).