Peugeot agasallará cunha Xbox 360 ós que merquen o 106 por Internet

venres, 9 de febreiro do 2007 Raquel Noya

Nos últimos anos e grazas ós videoxogos, os amantes da velocidade poden ver cubertas as súas necesidades básicas de descarga de adrenalina sen ter que recorrer a coller o coche e arriscar as súas vidas (e as dos demais) para sentirse satisfeitos. Isto non quere dicir que os que teñan vídeo consola poidan renunciar ó coche, nin moito menos, pero se é verdade que mediante os videoxogos pódese facer virtualmente o que non podemos facer na vida real (neste caso, enriba dun automóbil).
Tamén hai de quen non ten nin coche nin vídeo consola, co que se gosta da velocidade pode telo complicado á hora de deixarse levar polas emocións ó volante. Para estes últimos, Peugeot lanza a oferta ideal: vai obsequiar cunha Xbox 360 e co xogo Project Gotham Racing a tódolos que adquiran un Peugeot 107 Basic de 3 portas. Iso si, nesta promoción só poden participar aqueles que realicen a compra a través de Internet e está limitada a tan só 200 unidades.

PUBLICIDADE