Pedralonga Estudios reforza o seu equipo e estará presente en FOCUS 2025
mércores, 3 de decembro do 2025
Pedralonga Estudios, o novo hub de produción audiovisual galego, vén de confirmar a súa participación en FOCUS 2025, a feira internacional dedicada á creación, produción e promoción de contidos de pantalla que se celebra cada ano en Londres. A presenza na 11ª edición do foro, prevista para os dÃas 8 e 9 de decembro, reforza a súa aposta pola proxección exterior e pola incorporación definitiva do complexo ao mapa europeo de infraestruturas para rodaxes, liderado polo Coruña Estudio Inmersivo (CEI), considerado o plató virtual mellor equipado de España para cine, televisión e formatos inmersivos.
Nos últimos meses, o complexo acolleu escenas do filme DÃmelo en secreto, un Original de Prime Video producido por Vaca Films que adapta a segunda entrega da triloxÃa DÃmelo de Mercedes Ron, asà como varias das campañas máis recentes de Zara Kids (The winter project) e Pull&Bear, ambas do Grupo Inditex, que recorreron ás capacidades de produción virtual e integración dixital do CEI.
Na súa estratexia de crecemento, Pedralonga Estudios vén de reforzar o equipo con dous perfÃs clave: Anxo Noya, que asume a dirección técnica do complexo, e Laura Pazienza, que se incorpora como coordinadora de produción. Noya conta cunha extensa traxectoria en operacións técnicas e en produción audiovisual, iniciada como técnico electrónico na TVG e consolidada en Voz Audiovisual, onde foi director técnico e responsable do deseño, implementación e explotación da cadea privada V Televisión. A súa experiencia resulta determinante para a posta en marcha e o funcionamento das instalacións técnicas do estudio.
Pola súa banda, Pazienza achega unha ampla bagaxe en produtoras de animación e estudios de VFX como El Ranchito, Antaruxa ou Undodez, onde exerceu a dirección de produción das series infantÃs Bibopalula (2024), Bechos T2 (2025) e Pipo (2025). Habitual de mercados como Annecy-MIFA, Series Mania Forum ou Mipcom, a súa chegada permitirá incrementar a capacidade de Pedralonga Estudios para xestionar proxectos complexos e ofrecer servizos integrais a produtoras interesadas en rodar en España con soporte técnico especializado.
Dado que moitos profesionais aÃnda non tiveron ocasión de traballar nun estudio inmersivo, o equipo do CEI mantén unha actividade constante de acompañamento con demostracións e casos prácticos que amosan como esta tecnoloxÃa se adapta a calquera formato audiovisual (cine, series, publicidade, animación, e-games ou contidos de marca) e como permite recrear todo tipo de localizacións, desde contextos históricos ou cotiás ata escenarios futuristas ou ambientes naturais de gran detalle.
O director xeral de Pedralonga Estudios, José Manuel Deus, subliña que «a maiorÃa dos produtores ven dous ou tres exemplos para comprobar o potencial real do CEI e entenden axiña que poden producir máis rápido, con mellores resultados e cun aforro moi significativo. Podemos recrear practicamente calquera contorno ou época, e traballamos con proxectos e orzamentos moi diversos. Canto antes poidamos entrar nun proxecto, idealmente desde guión, maior é o impacto en eficiencia de tempo e diñeiro, cun estándar de calidade difÃcil de igualar. Moi poucos centros europeos se achegan ao que o CEI pon a disposición da industria audiovisual».
Co reforzo do seu cadro directivo e cun calendario internacional xa confirmado, Pedralonga Estudios consolida a súa folla de ruta para se posicionar como un centro produtivo de referencia no mercado audiovisual europeo, apoiándose en vantaxes competitivas como a eficiencia de custos (con aforros que poden chegar ao 65 %), as súas capacidades técnicas para produción hÃbrida (virtual e convencional) nun mesmo ecosistema e unha infraestrutura deseñada para acoller proxectos de calquera xénero e dimensión, impulsando asà a competitividade e o desenvolvemento do audiovisual galego.
