Pebble presenta unha nova xeración dos seus smartwatches
martes, 24 de maio do 2016
Unha
vez máis a xente de Pebble parece
alérxica a lanzar os seus produtos polas canles tradicionais, e volven estrear
os seus novos trebellos conectados a
través de Kickstarter, na que facilitan a compra anticipado do Pebble 2, o
Pebble Time 2 (smartwatches con monitor cardÃaco) e o completamente novo Pebble
Core (trebello 3G de pequenas dimensións para saÃr a facer deporte gozando da
música e do GPS sen ter que cargar co smartphone).
Os novos smartwatches de Pebble manteñen a súa filosofÃa habitual (smartphones
multi-plataforma con pantalla de papel electrónico) pero reciben novas
prestacións mantendo un prezo axustado. Asà temos que o Pebble 2 serÃa un
reloxo con pantalla de alto contraste en branco e negro, monitor cardÃaco,
micrófono, monitorización do sono, resistencia á auga e autonomÃa de até 7 dÃas
que parte dun prezo de 99 dólares e que os seus mecenas recibirán no mes de
setembro; mentres que o Pebble Time 2 incluirá a maiores unha pantalla de cor
un 53% máis grande e unha autonomÃa de até 10 dÃas, incrementando o seu prezo
até os 169 dólares e entregándose aos seus mecenas a partires de novembro.
O Pebble Core pola súa banda serÃa toda unha sorpresa, xa que serÃa un pequeno
trebello que buscarÃa librar ao usuario de cargar co smartphone no brazo ou nun
peto mentres se practica exercicio, mantendo ao usuario conectado para poder
escoitar música (inclúe 4 GB de almacenamento interno onde almacenar as
cancións que poden escoitar a través duns auriculares Bluetooth ou de cable),
gravar notas de voz e sincronizar datos de GPS coas aplicacións máis populares
(integra GPS). Ten conectividade 3G e o seu prezo parte dos 69 dólares e os
seus envÃos comezará en xaneiro de 2017. Como curiosidade Pebble tamén lanzará
unha versión do seu Core para hackers,
xa que permitirÃa transformar o Pebble Core nun botón máxico que empregar para
funcións como abrir o portón do garaxe, acender as luces, abrir o coche,
localizar ao can... xa que agocha no seu ordenador un sistema Android 5.0 que
facilita o aproveitamento deste pequeno accesorio para usos que quedan para a
imaxinación dos máis habilidosos e inquedos.
En calquera dos casos os prezos irán incrementándose segundo se vaian superando certas barreiras de venda, e serán claramente inferiores aos que terán os produtos finais cando se comercialicen os dispositivos de xeito tradicional (o que é un importante incentivo para facerse con eles anticipadamente).