Patreon anuncia que pagará unha comisión do 30% a Apple para evitar a expulsión da App Store
luns, 12 de agosto do 2024
- Patreon recomenda aos creadores o incremento do prezo das súas subscricións en iOS para repercutir a taxa da App Store aos usuarios
O abuso das comisións cobradas ás aplicacións publicadas na App Store por parte de Apple son un motivo de moitas queixas e preocupacións, e pese á presión dos reguladores, continúa sen solucionarse, e como boa mostra diso temos o anuncio da plataforma Patreon de que a partir de novembro terán que pagar a Apple o 30% das doazóns que procesan para os seus usuarios (o que afecta a subscricións e a compras realizadas a través da aplicación móbil). Iso é asà porque Apple obriga a Patreon a utilizar o sistema de compras dentro da aplicación e impide que empreguen outros sistemas de pagamento.
As subscricións actuais en Patreon non se verán afectadas, pero si as realizadas a partir de novembro, afectando seriamente á economÃa de moitos creadores que financian as súas actividades mediante doazóns de Patreon.
A plataforma recoñece o seu malestar ante esta situación, pero asegura non ter alternativa, xa que non cumprir as esixencias de Apple poderÃa provocar a eliminación da aplicación de Patreon da App Store, o que terÃa unhas consecuencias moi importantes, especialmente no mercado estadounidense (onde a cota de mercado do iPhone é moi importante).
O xeito de repercutir esta nova taxa nas subscricións de Patreon quedará na man dos creadores, que poderán elixir entre asumir a taxa ou repercutila directamente aos usuarios finais (o que supón que as subscricións serÃan máis caras de realizarse a través de iOS). As subscricións a través da web e da aplicación para Android continuarán sen cambios.
Dende Patreon aseguran que a eliminación das transaccións a través da súa aplicación para iOS (estratexia que seguiron outras plataformas para evitar taxas das tendas de aplicacións) poderÃa supor a expulsión da súa aplicación da App Store, polo que optar por someterse ás esixencias das compañÃa da mazá (que por outra banda leva anos tolerando que Patreon tramitase subscricións sen pagarlles comisións).