Parrot trae a España o seu dron Bebop 2

xoves, 3 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Parrot, tras innovar co seu Bebop Drone, un dos drons de consumo máis populares pola súa relación calidade-prezo e facilidade de control, presenta agora a súa no xeración, o Bebop 2, que destaca polo seu tamaño compacto, a súa construción robusta, o seu voo estable e o seu peso reducido (500 gramos) e que incluso goza dunha autonomía de 25 minutos, superando a moitos outros drons de recreo.
Este novo cuadricóptero conta con Wi-Fi para permitir o seu manexo cun smartphone ou unha tableta (aínda que tamén é compatible co Skycontroller Black Edition, un mando a distancia de radio control cunha cobertura de até 2 quilómetros) e integra unha cámara con obxectivo de ollo de peixe coa que poder sacar fotografías de 14 Mpíxeles, estabilización dixital nun marco de 3 eixes e gravación de vídeo Full HD.
O Parrot Bebop 2 sae á venda este mesmo mes a un prezo de 549 euros (podendo engadirlle o Skycontroller por 400 euros máis), aínda que no que resta de ano El Corte Inglés terá a exclusiva para a súa distribución en España, de xeito que haberá que agardar a xaneiro para poder adquirilo en tendas de electrónica e grandes superficies.

Vídeo de lanzamento do Parrot Bebop 2 Drone

PUBLICIDADE