Parrot presenta os seus novos Minidrones
venres, 12 de xuño do 2015
Os drons
son uns produtos emerxentes que están de máxima actualidade, e dende Parrot
souberon subir á onda e achegalos ao ámbito máis puro do lecer cos seus
Minidrones, pequenos dispositivos ultra-tecnolóxicos que véndense como xoguetes
e que agora presentan
a súa segunda xeración formada por 13 modelos repartidos en tres tribos.
Os primeiros robots de Parrot serÃan
os da familia Jumping, destinados a
moverse por terra, e que contrólanse mediante Wi-Fi (a 2,4 ou 5 GHz) mediante a
aplicación de balde FreeFlight 3 (dispoñible para iOS e Android). Integran
cámara de grande angular para poder emitir en streaming unha vista en primeira persoa do trebello, podendo capturar
fotografÃas e vÃdeo na memoria flash de 4 GB, contan con altofalante e
micrófono, teñen un sistema de molles patentado (para poder saltar até 80
centÃmetros de altura e lonxitude, aterrando sempre nas súas rodas), poden
retraer as súas rodas para adaptarse a distintos estilos de condución e incluso
pode programarse a súa ruta.
Estarán dispoñibles en dous modelos diferentes: os
Jumping Night, que contan con
iluminación LED para poder moverse en ambientes escuros, e os Jumping Race, que poden desprazarse até
a 13 quilómetros/hora (mentres que o modelo anterior só chegarÃa aos 7) polo
que serÃan ideais para xogar ás carreiras. TerÃan uns prezos de 199 euros.
Pensando no voo teriamos os robots teledirixidos Airborne, cunhas hélices cuns protectores de plástico, numerosos
sensores para conseguir un voo estable, acelerómetro de 3 eixes e un xiroscopio
para analizar cada movemento ou inclinar o dispositivo con precisión, unha
cámara vertical para poder tomar imaxes aéreas que poden almacenarse na súa
memoria flash de 1 GB, e un sensor ultrasónico de até 4 metros para poder
controlar a altitude do minidrón. Cómpre destacar que estes dispositivos
comunÃcanse co noso smartphone ou tableta mediante Bluetooth, de xeito que a
distancia de control máxima serÃa de 20 metros.
Neste caso temos un dispositivo
orientado a facer acrobacias aéreas, que chegará tamén en dous modelos: o Airborne Night, dotado con iluminación
LED para operar con pouca luz, e o Airborne
Cargo, que integra unha parte na que podemos colocar unha pequena carga (como
un boneco). Os seus prezos serán de 129 e 99 euros respectivamente.
Pero o modelo máis rechamante, por ser totalmente novo, serÃa o Hydrofoil, que consistirÃa na colocación
dun dron voador nunha base flotante semellante a un catamarán, o que permitirÃa
ter un vehÃculo acuático capaz de desprazarse até a 5,4 nós na auga (18
quilómetros/ho no aire). ComunicarÃase mediante Bluetooth a unha distancia de
até 20 metros e o seu prezo de venda será de 169 euros.
VÃdeo de presentación do Parrot Minidrone Hydrofoil