Parrot presenta mans libres autoinstalables con mando a distancia para o volante

luns, 15 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os kits de mans libres autoinstalables para o coche gozan de grande popularidade hoxe en día, e avanzando neste tipo de produtos Parrot estreou novos dispositivos da serie MKi que non só permiten atender a chamadas telefónicas, pois son compatibles coa reprodución multimedia, de xeito que se poden empregar para escoitar música almacenada no móbil ou nun dos moitos reprodutores multimedia que incorporan conectividade Bluetooth.
Os novos trebellos parten do Parrot MKi9000, o máis sinxelo e funcional; pasan polo Parrot MKi9100, que incorpora unha pantalla OLED; e rematan no Parrokt MKi9200, que conta cunha pantalla TFT de maior tamaño e incorpora tamén un lector de tarxetas SD (compatible con SD-HC). Os seus prezos de venda son de 130, 160 e 200 euros respectivamente.
Cómpre destacar que os 3 modelos dispoñen dun mando a distancia sen fíos que se pode colocar no salpicadeiro e incluso no volante do coche, de xeito que permite achegar a comodidade de moitos mans libres que precisan dunha instalación profesional.

PUBLICIDADE