Pantech presenta un tabletófono con pantalla Full HD de 5,9 polgadas

luns, 28 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

O sector dos tabletófonos continúa a raiar o absurdo, con pantallas cada vez máis grandes, que agora teñen que sumar unha densidade de píxeles moi elevada para poder ser considerados uns produtos de alta gama realmente rechamantes, e para conseguir tal dende Pantech presentan o novo Vega nº 6, un smartphone con Android 4.1 que conta cunha enorme pantalla IPS de 5,9 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles que polo momento só ten garantida a súa distribución en Corea do Sur.
Pantech quere destacar no mercado coreano co seu smartphone con pantalla de 5,9 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxelesO Pantech Vega Nº 6, cun prezo de 849.000 wons (578,56 euros) deixa claro que apunta alto, e non só ten unha grande pantalla Full HD (converténdose no primeiro móbil dese tipo en Corea), senón que tamén conta con conectividade LTE, un procesador Snapdragon S4 Pro, cámara traseira de 13 Mpíxeles e unha cámara frontal de 2 Mpíxeles capaz de gravar vídeo Full HD a 30 imaxes por segundo (ideal para auto-fotos e auto-vídeos) e unha batería de 3.140 mAh, colocándose nun rango de prestacións nas que son poucos os competidores que atopará no seu mercado.

PUBLICIDADE