Pang Adventures chega a Nintendo Switch

venres, 4 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Hai un par de anos DotEmu recuperou a franquía de xogos de Pang co seu novo Pang Adventures, que chegou en versións para Xbox One, PS4, PC e Android (para recibir logo tamén unha versión para iOS) de aí que non sexa ningunha sorpresa que se animasen agora a lanzar unha versión para Nintendo Switch, que cun prezo de 9,99 euros permítenos gozar deste xogo de acción e quebracabezas tanto en modo portátil como coa consola conectada ao televisor.
Este título con aires arcade permite superar os seus máis de cen variados niveis en solitario ou cun compañeiro (con cadanseu Joy-Con), visitando algúns dos lugares máis emblemáticos do mundo, como se facía nas primeiras entregas da saga que tanto éxito tiveron en salóns recreativos.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE