Pandora, a nova consola portátil aberta a desenvolvementos caseiros

martes, 15 de abril do 2008 Marcus Fernández

Ante o éxito das consolas de videoxogos portátiles, e das posibilidades de desenvolver aplicacións caseiras (entre as que destacan os emuladores de vellas plataformas de xogo), están a preparar un novo dispositivo a medio camiño entre un ultraportátil e unha Nintendo DS chamado Pandora, que funcionará cun procesador ARM a 600 MHz, unha pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, Wi-Fi, lector de tarxetas SDHC, saída de televisión, teclado QWERTY, porto USB e controles de xogo analóxico/dixitais.
Esta consola portátil tería unha autonomía dunhas 10 horas e se vendería dende primeiros do verán a uns 212 euros + IVE, e os seus responsables xa están a traballar con desenvolvedores de plataformas coma GP32, GP2X e Zodiac para que o seu lanzamento veña acompañado de atractivas aplicacións (que mesmo poderían contar con capacidades 3D).

PUBLICIDADE