Panasonic presenta unha nova cámara compacta todoterreo
martes, 27 de xaneiro do 2009
Panasonic
anunciou que un novo modelo de cámara fotográfica dixital, a LUMIX
DMC-TS1, que segundo o
fabricante serÃa a primeira do mundo resistente á auga, a golpes e a po con
capacidades de gravación de vÃdeo en alta definición (AVCHD Lite).
Deixando a un lado o feito de se a cámara é a
primeira, hai que recoñecer que se trata dun dispositivo excelente, cunha
resolución de 12,1 MpÃxeles, un angular de 28mm LEICA DC VARIO-ELMAR, zoom
óptico de 4,6x e un modo de axuste intelixente para que os usuarios menos
experimentados poidan tomar boas imaxes en situacións moi diversas.
A cámara pode somerxerse a 3 metros de profundidade, soporta caÃdas dende 1,5
metros e tamén soporta o seu uso en ambientes con moito po (ou area). Tamén
conta cunha pantalla de 2,7 polgadas que axusta o seu brillo automaticamente
segundo as condicións nas que se estea a utilizar.
A cámara sairá á venda en abril en cor prata, verde e laranxa por uns 399,95
dólares.