Panasonic introduce NFC na LUMIX FG6
martes, 9 de abril do 2013
Cada vez vemos a tecnoloxÃa NFC integrada en máis
dispositivos, e o último en facer tal é Panasonic, que incorporou esta solución
de comunicacións sen fÃos á súa cámara
sen espello LUMIX GF6, que aproveita o NFC para permitir a sincronización
por Wi-Fi da cámara cun smartphone ou tablet con só tocarse, facilitando asÃ
máis doado compartir fotografÃas e incluso empregar o disparo remoto.
A LUMIX GF6 ten un sensor Live MOS de 16 MpÃxeles, fai uso do Venus Engine que
mellora o procesamenteo de sinal e a redución de ruÃdo, e incluso permite
disparar fotografÃas a unha sensibilidade de ata un ISO 25.600. A cáamra conta
cun veloz sistema de enfoque automático que opera con pouca luz e incluso pode
aproveitarse durante a gravación de vÃdeo, facilitando que poidamos disparar
unha fotografÃa en só medio segundo dende o acendido da cámara.
Tamén grava vÃdeo a 1.920 x 1.080 pÃxeles (a 60i/50i), ten unha pantalla táctil
abatible de 3 polgadas, conta con numerosos filtros creativos (sen esquecer
modos de disparo para autorretrato, panorámica ou animación en stop motion) e incluso conta con modos
de uso asistidos para usuarios principiantes.
Queda agora por ver o prezo e a data de lanzamento desta atractiva cámara con
lentes intercambiables.