Palm poderÃa volver ao mercado cun teléfono de reducidas dimensións
venres, 10 de agosto do 2018- Imaxe filtrada de como serÃa o Palm Pepito
No seu dÃa a marca Palm era todo un referente dentro dos
dispositivos coñecidos como PDA, que rematarÃan véndose eclipsados polos
smartphones, e aÃnda que a compañÃa procurou reconverterse e lanzou terminais
tan interesantes como o Palm Pre (que
foi un dos móbiles pioneiros na carga sen fÃos), a marca desaparecera en 2011
ao ser
absorbida por HP, de aà que sorprenda que agora pretendan recuperala.
TCL é o fabricante chinés que actualmente posúe a marca Palm, e segundo
Android Police, en breve lanzarÃa un novo móbil coñecido polo momento co
nome chave de Pepito, e serÃa un dos
terminais máis raros en moito tempo, xa que, en vez de incorporar novidades,
semella unha viaxe ao pasado, ao presentar unha pantalla de só 3,3 polgadas
(con resolución 720p), procesador Qualcomm Snapdragon 435, 3 GB de RAM, 32 GB
de almacenamento e unha baterÃa de só 800 mAh, que curiosamente correrÃa con
Android 8.1. Ao parecer, este smartphone estarÃa a pasar a certificación das
autoridades norteamericanas, de xeito que venderÃase inicialmente a través de
Verizon nos EE.UU., sen coñecerse plans de distribución internacional. Quedará
oco no mercado para un teléfono que só destaca por ter un tamaño compacto cando
o público demanda principalmente grandes pantallas?