Paladins supera os 4 millóns de xogadores
xoves, 17 de novembro do 2016
Os xogos de acción en primeira persoa de grupos de heroes
con estéticas moi caracterÃsticas están de moda, e aÃnda que Overwatch pareza ter dominado o xénero
existen outros tÃtulos moi interesantes buscando facerse un oco, entre os que
está a destacar a última creación de Hi-Rez Studios, Paladins, xogo que está dispoñible de balde en Steam
mediante acceso anticipado (ou sexa, que o xogo aÃnda está en
desenvolvemento) o que non está a resultar un atranco para atraer a un
impresionante número de xogadores, pois esta semana anunciaron que viñan de superar
os 4 millóns de xogadores en todo o mundo, converténdose nun dos xogos máis
populares en Steam (no momento de escribir estas liñas estaba no 9º posto en
actividade).
Para animar a actividade dende Hi-Rez Studios non só están a organizar torneos
con premios económicos, senón que tamén están a abrirse a novas plataformas, de
xeito que os interesados en trasladar as aventuras dos paladÃns ás súas
consolas xa poden inscribirse
para participar na beta pechada do xogo para PlayStation 4 e para Xbox One.
VÃdeo no que anuncian as fase de proba de Paladins para PS4 e Xbox One