PUBG supera o millón de xogadores de Xbox One en 48 horas
luns, 18 de decembro do 2017
O xogo
PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS (PUBG) chegou
en marzo a Steam en acceso anticipado, ou sexa, que aÃnda é un tÃtulo en
desenvolvemento, o que non impediu que se convertese no fenómeno do ano, sendo
habitual que lidere a listaxe de videoxogos con máis usuarios activos en liña (que
dende outubro tende a superar os 2 millóns de usuarios simultáneos superando
por moito a DOTA 2).
O xogo tamén quixo dar o salto a consolas e por iso está
dispoñible para Xbox One como Game Preview, ou sexa, que deixan claro que
aÃnda non está rematado, o que non impide que poida tirar proveito de máquinas
como a nova Xbox One X, na que luce melloras gráficas, gráficos 4K e HDR. Pero que
sexa unha versión preliminar non botou atrás aos xogadores da consola de
Microsoft, compañÃa que vén de recoñecer que foi un impresionante lanzamento, superando
o millón de xogadores nas súas primeiras 48 horas.
Vendo o pulo que está a ter PUBG en
Xbox One decidiron incluÃr o xogo na promoción de Nadal da Xbox One X, de xeito
que cando alguén se faga coa nova máquina de Microsoft recibirá de balde unha
copia do xogo, promoción que estará vixente até o 31 de decembro.