PS Plus incluirá NBA 2K20 e Rise of the Tomb Raider en xullo

luns, 29 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Sony está a celebrar o 10º aniversario de PlayStation Plus este mes de xullo, polo que contarán cunha selección de xogo de auténtico luxo, que incorpóranse o vindeiro día 7. Un dos grandes xogos de PlayStation 4 que recibirán os subscritores de PS Plus será NBA 2K20, grande xogo de baloncesto que moitos agradecerán para poder botar unhas partidas moi realistas e televisivas durante o verán; que estará acompañado polo non menos importante Rise of the Tomb Raider: 20º aniversario, segunda entrega das novas aventuras de Lara Croft incluíndo todo o seu contido descargable adicional.
Outros xogos de menor entidade, pero bastante interesantes que incluirá PS Plus en xullo serán Erica, un thriller de acción interactivo con actores reais no que haberá que desenredar un misterio; e Nubla 2, unha aventura que conxuga a narrativa do videoxogo e a arte e conceptos tras os cadros do museo Thyssen-Bornemisza.
Amais, para celebrar o 10º aniversario de PS Plus esta semana publicarán por tempo limitada na PS Store un tema de balde para PS4. Para os que non probaron PS Plus, a vindeira fin de semana será posible gozar do multixogador en liña de balde.

PUBLICIDADE