PES 2019 e PUBG poderán xogarse de balde en Xbox One até o domingo

mércores, 7 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Os usuarios de Xbox One que non están subscritos a Xbox LIVE Gold poderán gozar esta fin de semana do xogo en liña dun par de títulos que entran dentro da campaña Free Play Days For All. Este novo evento que terá lugar entre os días 8 e 11 de novembro será unha oportunidade para que os usuarios da consola de Microsoft que aínda non pagan polo Gold poidan coñecer como é a experiencia de primeira man, para o que terán un par de xogos moi representativos: Pro Evolution Soccer 2019 e PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS.
Deste xeito até o domingo será posible gozar destes xogos sen ter que adquirilos, podendo descargarse de balde e xogar contra outros xogadores en liña, podendo coñecer así as bondades do servizo de pagamento de Xbox LIVE. Amais, os usuarios que gusten do PES 2019 poderán adquirilo cun 50% de desconto, ou sexa, a un prezo de 30 euros.

PUBLICIDADE