Os vellos móbiles ¿nunca morren?

martes, 21 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os clásicos teléfonos móbiles Nokia 3210 e Motorola StarTAC, que venderan uns 160 e 60 millóns de unidades respectivamente, pese a parecer auténticas pezas de museo, hai quen os ve coma xoias retro, de aí que Lekki decidise recuperar estes terminais da súa xubilación restaurándoos e dotándoos de carcasas de cores rechamantes, de xeito que fan posible a adquisición dun Nokia 3210 renovado por un prezo de a partir de 75 euros (custando 85 euros no caso de elixir carcasas de distintas cores para as súas partes frontal e traseira) e dun Motorola StarTAC restaurado por un prezo de a partir de 125 euros (custaría 135 euros o modelo orixinal e 145 euros de combinar distintas cores).
Lekki tamén facilita baterías e clips para o cinto de distintas cores para o Motorola StarTAC, e o atractivo destes terminais é que, pese a seren bastante vellos, entréganse en perfecto estado, con baterías e cargador novos e unha caixa cun deseño atractivo, combinación que satisfará a amantes do retro que só busquen un móbil para realizar chamadas de voz e remitir mensaxes de texto.

PUBLICIDADE