Os últimos xogos de Uncharted chegarán a PS5 a vindeira semana
venres, 21 de xaneiro do 2022
O vindeiro dÃa 28 sairá á venda Uncharted:
Colección Legado de los Ladrones, que é o xeito que ten Naughty Dog de
adaptar os xogos Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón e Uncharted: El
Legado Perdido a PlayStation 5, recompilando ambos tÃtulos remasterizados
para que os propietarios dunha PS5 poidan gozar deste grandes xogos como se merece
e non simplemente tirando proveito da retrocompatibilidade con PS4. Os que xa
teñan estes xogos para PS4 poderán actualizalos á versión de PS5 pagando 10
euros, mentres que o prezo oficial da colección é de 49,99 euros.
Os que se fagan con estes xogos antes do 4 de febreiro recibirán un código para
poder ver en cine o filme Uncharted, protagonizado por Tom Holland e
Mark Wahlberg, que estrearase o dÃa 11 en salas de toda España.
Cómpre advertir do feito de que estes xogos tamén chegarán a PC este mesmo ano,
tanto a
través de Steam como da tenda
de Epic Games, sendo a primeira vez que acontece tal cunha creación de
Naughty Dog lanzada inicialmente en exclusiva para unha consola PlayStation.
Para ir preparando esta novidade para PS5 veñen de publicar o seu tráiler de
lanzamento: