Os televisores de LG poden gozar do xogo na nube de nVIDIA
xoves, 18 de novembro do 2021
Cada vez é máis doado atopar xeitos de gozar dos videoxogos
a través da nube, e a última proposta chéganos a través de LG, fabricante que chegou
a un acordo con nVIDIA para que os seus televisores con webOS (os modelos máis
potentes e recentes) conten coa aplicación de GeForce NOW, de xeito que con
simplemente a conexión dun mando os usuarios poderán gozar de potentes videoxogos
no seu televisor, evitando a necesidade dun potente ordenador ou dunha videoconsola.
Polo momento GeForce NOW para televisores é un servizo en probas que bota a
andar esta semana en 80 mercados, achegando ducias de xogos free-to-play,
pero facilitando tamén botar partidas a tÃtulos como Rocket League, Destiny 2, Marvel’s Guardians of
the Galaxy ou Crysis Remastered Trilogy en Full HD a 60 imaxes por segundo, podendo
incluso gozar de gráficos con ray
tracing se pagamos polo paquete máis
avanzado do servizo.