Os televisores LG LH5000 permiten reproducir vÃdeos MKV
martes, 12 de maio do 2009
Xa están nas
tendas españolas os novos
televisores LG LH5000, que en tamaños de 37, 42 e 47 polgadas
achegarán aos salóns domésticos a tecnoloxÃa TruMotion 200 Hz de LG, que
mellora a calidade de imaxe da pantalla.
Estes televisores tamén contan con 4 portos HDMI, 4 altofalantes de 20 W, sintonizador
de TDT de alta definición, menú Picture
Wizard (facilitando a realización de axustes da pantalla Full HD para
adaptala ás condicións ambientais e aos contidos amosados), función Scanning Backlight (que mellora a
nitidez e reduce o desenfoque por movemento), modo 24p Real Cinema (especialmente interesante para a reprodución de
pelÃculas de Blu-ray) e incluso coa posibilidade de reproducir vÃdeo dende un
disco duro ou unha memoria USB, soportando múltiples formatos entre os que
están os distintos tipos de MPEG, MP4, AVI, HD DivX e mesmo con soporte para
ficheiros que empreguen o contedor Matroska (.mkv), o máis utilizado nas pelÃculas en alta
definición que circulan pola Internet.