Os telecentros de Oroso, O Barco e Catoira, participan hoxe na Tarde máis curta

xoves, 16 de xullo do 2009 Raquel Noya

Unha sesión de proxección de curtas no TC de Verín.

As 20:30 horas deste mesma tarde, os Telecentros de Comunicación de Oroso (sito na rúa do Deporte, nº9), de O Barco (sito na Praza do Concello nº2, 2º andar) e de Catoira (sito na Biblioteca Pública Municipal), van acoller a actividade A tarde máis curta, durante a cal se exhibirán as curtametraxes gañadoras das tres primeiras edicións do concurso Curtas na Rede. En concreto, exhibiranse as curtas vencedoras da primeira edición, mentres que as dúas seguintes sesións terán lugar os días 23 e 30 deste mes nas localidades de O Barco e Catoira e os días 23 e 28 en Oroso.
O certame Curtas na rede únese así, unha vez máis, á campaña de dinamización da Rede de Telecentros de Comunicación Comunícate, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Medios nos distintos centros dependentes do Centro Multimedia de Galicia (CMG) co fin de dar a coñecer á poboación as distintas posibilidades que ofrecen os Telecentros de Comunicación (TC).
A través desta campaña, a Rede de Telecentros de Comunicación busca que os TC que hai espallados por toda Galicia, “se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía e que se constitúan en focos dinamizadores de acceso ás novas tecnoloxías”.

PUBLICIDADE