Os sistemas de GPS tamén poden ser atacados por hackers

mércores, 8 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Segundo o artigo publicado polo portal de novas Noticiascot.com, os sistemas de navegación por satélite GPS tamén poderían ser atacados por hackers, enviando estes información falsa aos transportistas poderían desvialos das súas rutas, para logo roubar as mercancías de valor. Se ben aínda non chegaron a darse casos como o descrito, dous expertos en informática, Andrea Barisani e Daniele Bianco, do sitio Inverse Path.com, amosaron o xoves pasado (nunha conferencia sobre seguridade informática celebrada en Las Vegas) que os ataques deste tipo son posibles, dando incluso exemplos prácticos do procedemento, para o que non fai falta máis que “aparellos electrónicos comúns”.

A ferramenta inventada polos informáticos italianos pode “olfactear” a información requirida polos condutores e substituíla por falsas indicacións, facendo que os condutores muden o seu percorrido por outro, obxectivo que facilitaría operacións de secuestros ou roubo de mercancías.

Concretamente, o “experimento” funcionaría so cos trebellos de SatNav, que, segundo o artigo, xa son os navegadores “estándar” en Europa, mentres que a devandita marca está a gañar popularidade nos Estados Unidos e até en Australia.

Se nos podemos facelo, calquera pode

Con esas palabras deixou claro Barisani que o sistema é moito máis vulnerable do que a xente pensa, e explicou que os GPS, malia teren almacenados unha serie de mapas, usan sinais de Frecuencia Modulada (FM) para as actualizacións sobre posibles accidentes, cortes de ruta ou atascos. Deste xeito, a ruta podería ser modificada co envío de datos falsos sobre estas continxencias. Sobre esta cuestión o experto italiano dixo que “se pode minar toda la autoestrada co envío de alertas de bombas, accidentes aéreos e incidentes terroristas sen fin: a terceira guerra mundial podería chegar á autoestrada”.

PUBLICIDADE