Os selos de verificado de Twitter serán de cores

venres, 25 de novembro do 2022 Marcus Fernández

A fórmula proposta por Elon Musk para facilitar a verificación de contas de usuario en Twitter simplemente subscribíndose ao servizo Twitter Blue resultou ser unha auténtica desfeita por favorecer a suplantación de identidade e, moi especialmente, por facer doada a suplantación de empresas, o que resultou nunha auténtica desfeita, provocando a fuxida en desbandada da meirande parte de anunciantes da plataforma.
Tras cancelar as novas altas en Twitter Blue para mitigar os problemas, Musk prometeu que retomaría o sistema en canto atopasen un xeito de evitar as suplantacións, e finalmente adiantou como pretende solucionar o problema: son selos de verificación de cores.
A proposta de Musk consiste en empregar selos de verificado en cor dourada para empresas, en cor gris para institucións gobernamentais e azuis para usuarios particulares (sexan ou non famosos), asegurando que o selo non aparecerá automaticamente tras subscribirse a Twitter Blue, senón que haberá que agardar a un proceso de verificación manual.
Os particulares tamén terán un pequeno logotipo amosando que pertencen a unha organización sen a compañía en cuestión o acredita.
Este novo sistema está previsto que se lance o venres da vindeira semana.

PUBLICIDADE