Os reloxos de Samsung activarán o electrocardiograma e a medición da tensión arterial en febreiro
martes, 26 de xaneiro do 2021- Para utilizar os reloxos de Samsung para monitorizar a tensión é precisa a calibración periódica cun tensiómetro
En abril de 2020 Samsung recibiu a autorización das
autoridades sanitarias surcoreanas para poder habilitar
nos seus reloxos a función de medición da tensión arterial, función que se
estreou con Galaxy Watch Active2 para chegar logo ao Galaxy
Watch3, reloxos que xa levan tempo á venda en España, pero con limitacións
a nivel de software que en breve dirán adeus.
Samsung está a confirmar que a aplicación Samsung Health Monitor recibiu o visto
e prace das autoridades sanitarias europeas, de xeito que están a preparar a
ampliación deste servizo a 28 paÃses da Unión entre os que figura España. A
actualización da aplicación de monitorización da saúde de Samsung comezará o 4
de febreiro, e realizarase de xeito progresivo, activando a función de
electrocardiograma e, moi especialmente, a monitorización da tensión arterial.
Medir a tensión arterial mediante fotosensores é un método moi cómodo para o
usuario, xa que non exerce presión sobre o brazo, pero para que as medicións
sexan fiables require que o usuario realice unha medida con tensiómetro
tradicional unha vez ao mes, calibrando asà os sensores dos últimos reloxos de
Samsung.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Samsung España fixou a chegada das novas funcionalidades no dÃa 22 de febreiro.