Os reloxos de Apple reciben autorización da FDA para incorporar notificacións de hipertensión
venres, 12 de setembro do 2025
Durante a presentación do novo Apple Watch Series 11 anunciouse que varios dos reloxos de Apple (a partir do Apple Watch Series 9) incorporarán notificacións de hipertensión, un avance salientable dentro da súa aposta pola saúde dixital. A función permitirÃa advertir aos usuarios cando se detecten signos consistentes de presión arterial alta, unha enfermidade que afecta a arredor de 1.300 millóns de adultos no mundo e que adoita pasar desapercibida ao non presentar sÃntomas evidentes.
O sistema emprega o sensor óptico do reloxo para analizar como reaccionan os vasos sanguÃneos aos latexos do corazón. Un algoritmo revisa os datos de forma pasiva ao longo de perÃodos de 30 dÃas e alerta ao usuario se observa indicios crónicos de hipertensión. A intención é facilitar cambios de comportamento que poidan salvar vidas ou favorecer o inicio dun tratamento que reduza o risco de eventos graves como infartos, ictus ou enfermidades renais.
Apple desenvolveu esta tecnoloxÃa mediante aprendizaxe automática adestrada con datos de máis de 100.000 participantes e validouna nun estudo clÃnico con máis de 2.000 persoas. A compañÃa calcula que, grazas á ampla difusión do Apple Watch, poderán notificarse máis dun millón de casos de hipertensión non diagnosticada no primeiro ano.
Anticipándose á chega ás tendas dos novos reloxos de Apple, a compañÃa de Cupertino recibiu autorización da FDA para estrear esta funcionalidade nos EE.UU., e contan con recibir autorizacións doutras axencias reguladoras nas vindeiras semanas. Dende Apple aseguran que a función estará dispoñible este mesmo mes en máis de 150 paÃses, incluÃndo Estados Unidos e a Unión Europea, para o Apple Watch Series 9 e posteriores, asà como para o Apple Watch Ultra 2 e modelos seguintes, mediante a actualización a watchOS 26, aÃnda que resulta rechamante que tal información só a comuniquen en EE.UU., mentres que nas notas de prensa e nas fichas de produto na Unión Europea se omitan todas as mencións á nova función de saúde (o que poderÃa indicar que non hai moita confianza en que a autorización europea chegue antes do 19 de setembro).
