Os reloxos Pebble preparan o seu retorno
martes, 28 de xaneiro do 2025
No ano 2012 unha campaña de micromecenado revolucionou o mundo dos reloxos coa proposta dun reloxo de pulso conectado que integraba unha pantalla de papel electrónico, o Pebble, e pese a ter superado os dous millóns de unidades vendidas e lanzarse varios modelos de reloxo, a compañÃa anunciou o seu peche en 2016, pasando a ser adquirida por Fitbit, empresa tecnolóxica que mercou Google en 2019.
AÃnda que hai oito anos que os reloxos Pebble perderon o soporte da súa compañÃa, seguen a contar cunha lexión de seareiros que os botan en falla, e dado que dende Google non teñen intención de retomar a súa comercialización, decidiron liberar o seu código fonte.
Agora xa está dispoñible a meirande parte do código do sistema operativo de Pebble, que achega as funcionalidades do reloxo conectado, como notificacións, controis multimedia, esferas ou seguimento de actividade, destacando pola súa arquitectura deseñada para dispositivos de pouca potencia para ofrecer unha extraordinaria autonomÃa.
A liberación deste código está a ser aproveitada por voluntarios no proxecto Rebble, que agora que Google liberou oficialmente parte do código do PebbleOS anuncian a súa intención de traer estes reloxos de volta, abrindo incluso a inscrición para interesados en facerse cun destes reloxos que prometen que contarán con pantalla de papel electrónico, baterÃa con grande autonomÃa, experiencia de usuario sinxela, botóns e moitas opcións de personalización.