Os rechouchíos con comentario melloran a súa visibilidade en Twitter

venres, 22 de maio do 2020 Marcus Fernández

Nas últimas horas a aplicación para Android e a versión web de Twitter activaron unha nova funcionalidade que facilita a exploración de moitas conversas que antes podían resultar invisibles, xa que cando premamos nos rechouchíos dun chío teremos agora dúas pestanas: unha cos rechouchíos sen comentario e outra cos rechouchíos con comentario (incluíndo o comentario en cuestión).
Deste xeito non só poderemos ver quen rechouchía un contido, senón tamén o texto co que o enriquece, e que pode xerar unha conversa de seu, algo ao que os creadores dun chío antes tiñan dificultades para seguir, e que agora está moito máis accesible.
Esta funcionalidade leva uns 10 días presente en iOS, e coa última actualización xeneralízase o seu uso.

PUBLICIDADE