Os primeiros compradores poderán facerse cun Redmi Note 11 por 159,99 euros

xoves, 17 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

O mes pasado Xiaomi presentou os seus novos Redmi Note 11 e 11S, un smartphones de gama media bastante completos, que finalmente teñen data de chegada ao mercado español a prezos bastante axustados, especialmente se atendemos á promoción de lanzamento do modelo máis básico.
O Redmi Note 11 é un smartphone con pantalla Full HD+ de 6,43 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, procesador Qualcomm Snapdragon 680, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 50 Mpíxeles, cámara frontal de 13 Mpíxeles, batería de 5.000 mAh con carga rápida de 33 watts e modelos con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento a prezos oficiais de 199,99 euros, 229,99 euros e 259,99 euros respectivamente, que sairán á venda o vindeiro día 21, podendo adquirirse promocionalmente a versión máis básica por só 179,99 euros (que entre as 12:00 horas e as 13:00 horas estarán dispoñibles 500 cupóns de desconto de 20 euros que deixarían o móbil en só 159,99 euros).
O Redmi Note 11S pola súa banda chegará cun procesador MediaTek Helio G96, unha cámara frontal de 16 Mpíxeles e unha cámara traseira cun sensor principal de 108 Mpíxeles que permite disparar imaxes a alta resolución ou agrupar 9 píxeles en 1 para conseguir un bo rendemento en condicións de pouca luz. Venderase a partir do día 24 a un prezo de 249,99 euros para o modelo con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno, e a 279,99 euros con 128 GB de almacenamento interno.

PUBLICIDADE