Os novos smartwatches de Pebble estrean versión con pantalla redonda
xoves, 16 de xuño do 2016
A un par de semanas do remate da campaña
de micromecenado para financiar o lanzamento da nova xeración de smartwatches
da marca Pebble, non só superan os 11 millóns de dólares recadados (cando
só buscaban 1 millón), senón que dan un importante salto para facer máis
atractivos os seus reloxos e presentan
o Pebble Time Round, unha versión do seu smartwatch con pantalla de papel
electrónico a cor que conta cunha esfera redonda con acabados en cor prata ou
ouro (aínda que o chasis é de aceiro inoxidable).
Esta novidade na campaña de Kickstarter supón a aceptación da tendencia de
facer o smartwatches máis semellantes aos reloxos tradicionais, e para poder
facerse cun dos novos Pebble Time Round haberá que aboar 199 dólares, recibíndose
o produto en setembro.
Estas edicións especiais dos reloxos de Pebble satisfán moitas das demandas dos
usuarios por combinar unha estética clásica, unha pantalla sempre acendida,
unha autonomía de máis de 2 días, monitorización da saúde, micrófono para
funcións de voz e numerosas aplicacións. Amais, o formato do Pebble Time Round
é o dun reloxo tradicional, de xeito que permite o seu uso con correas estándar
de 20 milímetros, polo que pode personalizarse sen o elevado custo que teñen as
correas orixinais doutros fabricantes.