Os novos monitores de AOC agochan os cables da súa parte traseira

mércores, 5 de xullo do 2017 Marcus Fernández

AOC está comezando a comercialización dun par de monitores deseñados en colaboración con Studio F. A. Porsche, o PDS241 e o PDS271 de 24 e 27 polgadas respectivamente, que destacan polo seu deseño contemporáneo e funcional que dista bastante de outras propostas que hai no mercado e sorprende incluso polo seu grosor, que na súa parte máis fina é de 5,2 milímetros (máis delgado que calquera smartphone).
Estes monitores teñen unha aparencia coidada que principalmente busca fuxir da desorde de cables habitual na parte traseira das nosas pantallas, de xeito que os sinais de alimentación e pantalla recorren a súa base de metal torcida e asimétrica, conseguindo a aparencia dun deseño sen cables.
Estas pantallas con panel IPS teñen unha resolución Full HD, entrada HDMI 1.4 e prezos bastante populares xa que podemos atopar o modelo de 24 polgadas por 207,10 euros e o modelo de 27 polgadas por 264,30 euros.

O cable HDMI e o de corrente destes novos monitores están agochados no seu pé

PUBLICIDADE