Os novos móbiles insignia de Samsung presentaranse nun par de semanas

mércores, 11 de febreiro do 2026 Marcus Fernández

O mercado da electrónica de consumo está a vivir momentos complicados por mor da explosión da IA, que está a provocar o encarecemento das memorias, o que altera considerablemente o calendario de lanzamentos de fabricantes como Samsung, compañía surcoreana que o ano pasado presentou o seus móbiles insignia o 22 de xaneiro, e nesta ocasión o Samsung Unpacked non terá lugar ata o vindeiro 25 de febreiro ás 19:00.
Dende Samsung queren animar aos consumidores a coñecer de primeira man os seus novos Galaxy S, no que consideran que supón unha nova etapa na era da intelixencia artificial, onde a tecnoloxía toma un rol máis persoal e adaptable.
Como incentivo para acudir virtualmente ao Samsung Unpacked a compañía convida a inscribirse para poder optar así a un desconto adicional exclusivo, participar no sorteo unha viaxe a Corea para 2 persoas valorado en tres mil euros e tamén poder gozar do dobre de almacenamento dos produtos presentados ao pórse á venda (o que supón un aforro duns 200 euros).