Os mozos de entre 21 e 25 anos, os que máis usan Internet móbil no país

xoves, 22 de xullo do 2010 Raquel Noya

Segundo datos extraídos dun estudo levado a cabo polo operador de telefonía móbil de Baixo custe, MÁSmovil, en todo o territorio nacional, “os mozos e mozas galegos de entre 21 e 25 anos son os que máis empregan Internet móbil no noso país”, ao descargar uns 237 MB de media ao mes, superando cunha escasa diferencia a media nacional (212 MB).
O rango de idade dos galegos que máis fala polo móbil sitúase entre os maiores de 65 anos, cunha media de 89 minutos ao mes, diferenciándose tamén neste aspecto do resto de españois, que falan 83 minutos ao mes.
A franxa de consumidores entre 36 e 50 anos é o que máis mensaxes multimedia envía ao mes, destacando elas con 5 MMS ao mes. Este servizo non está moi de moda no noso país, polo que, por regra xeral, non mandamos máis de 4 MMS ao mes.
Pola contra, no envío de SMS (un servizo que sí que se usa a cotío en tódalas franxas de idade consultadas), destacan os consumidores de entre 21 e 25 anos, cunha media de 35 SMS ao mes, superando tamén a cifra nacional.
O máis destacable deste estudo é que en Galicia, “podemos dicir que os habitantes son moi navegantes”, porén destacan por enriba das restantes idades, os mozos e mozas de entre 21 e 25 anos como usuarios deste servizo (237 MB mensuais).

PUBLICIDADE