Os mitins de Trump poden seguirse a través de Twitch

venres, 11 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que Twitch sexa unha plataforma de vídeo en directo orientada ás retransmisións de videoxogos, pode utilizarse para vídeo ordinario, e curiosamente esta canle de comunicación é unha das que está a empregar Donald J. Trump na súa campaña para as eleccións presidenciais de 2020.
A pasada noite Trump realizou a primeira retransmisión oficial dun dos seus mitins a través de Twitch, cun impacto bastante limitado, pero confirmando a intención de querer conectar co meirande número de electores posible, pese a que un discurso político non pareza casar ben con retransmisións de Fortnite ou Apex Legends.
Será interesante observar se Twitch actuará dalgún xeito ante o feito de que a súa plataforma poida empregarse como area política, algo pouco acorde coa plataforma, pero que, ao carecer de normas que prohiban este tipo de contidos enténdese que só actuarán no caso de que as retransmisións poidan chegar a considerarse discursos de odio ou acoso (condutas que si están prohibidas en Twitch).
Seguirán o exemplo de Trumpo os partidos políticos españois?

PUBLICIDADE