Os micrófonos RØDE Wireless GO II estrean compatibilidade con RØDE Connect
venres, 15 de outubro do 2021
Nos últimos meses RØDE causou furor ao presentar a
aplicación RØDE Connect, que converte
o ordenador persoal nunha mesa de mestura para micrófonos NT-USB Mini,
facilitando asà a realización de podcasts e retransmisións en directo dun xeito
moi práctico. Un pouco antes tamén presentou
os micrófonos sen fÃos RØDE Wireless GO II, que nesta nova versión permitÃa
usar 2 micrófofonos cun único receptor que incluso pode conectarse a
dispositivos móbiles.
A novidade agora é que están
a mellorar este último produto por partida dobre: facilitando a
configuración dos RØDE
Wireless GO II dende iOS e Android coa aplicación
RØDE Central Mobile e tamén fai compatible esta solución sen fÃos con RØDE Connect, facendo moi
doada a realización de entrevistas que poidan gravarse para un podcast ou
retransmitirse en directo a través da Rede.
Dende RØDE aseguran que estamos ante a primeira solución de microfonÃa sen fÃos
integrada totalmente con software de streaming. O bo de combinar os micrófonos RØDE
Wireless GO II coa aplicación RØDE Connect é que dende o ordenador é posible
regular o seu nivel de volume por separado, o que permite un fluxo de traballo
máis cómodo e profesional.
Estamos ante melloras que grazas ao software incrementan considerablemente o valor
dun produto sen afectar ao seu prezo, polo que hoxe os micrófonos RØDE Wireless
GO II son mellores que onte, e poden converterse nunha solución máis atractiva
que outros produtos que, aÃnda que poden ser máis económicos, carecen das
vantaxes que achegan as aplicacións para PC e móbil de RØDE.
- A aplicación RØDE Central facilita a configuración dos micrófonos RØDE Wireless GO II dende móbiles con iOS e Android
VÃdeo de presentación das novidades para os micrófonos RØDE Wireless GO II