Os iPhone 14 e 14 Plus estrean cor amarela
martes, 7 de marzo do 2023
Apple presentou
hoxe un novo iPhone, pero non se trata dun dispositivo realmente novo, como
poderÃa ser a agardada renovación do iPhone SE, senón que estamos simplemente
ante versións
do iPhone 14 e iPhone 14 Plus en cor amarela, de xeito que estes smartphones
pasan a estar dispoñible sen 6 cores distintas, en contraste coas 4 cores máis
sobrias nas que están presentes os iPhone 14 Pro.
Os iPhone 14 e 14 Plus están dispoñibles por a partir de 1.009 e 1.159 euros
respectivamente, e poden considerarse como as renovacións dun iPhone menos
significativa da historia, xa que están equipados cun procesador A15 Bionic, ao
igual que os iPhone 13 (aÃnda que pasando a equiparse cunha GPU con 5 núcleos
en vez dos 4 núcleos que tiña o procesador anterior), e pese a non ter
novidades importantes véndese a un prezo considerablemente superior ao iPhone
13 (que oficialmente custa 100 euros menos, pero que pode atoparse aÃnda máis barato
a través de ofertas).
O iPhone 13 tamén estaba dispoñible en 6 cores distintas, de aà que podemos
entender que esta actualización busca simplemente equiparar en oferta os últimos
smartphones de Apple cos da súa anterior xeración, resultando bastante ridÃculo
que unha nova cor supoña a publicación dunha nota de prensa por parte de Apple.
- Os iPhone 14 e 14 Plus poden adquirirse en 6 cores distintas