Os estudantes da UVigo revolucionan o concurso de mobilidade de Siemens con tecnoloxÃas de IA e Big Data
venres, 13 de marzo do 2020
O
certame Ingenio para la movilidad impulsado por Siemens
Mobility España vén de saldarse con notábel presenza galega entre
os investigadores premiados que participaron nel. Nun plano máis
concreto, dous
equipos de estudantes da Escola de EnxeñarÃa Industrial da
Universidade de Vigo, pertencentes á rama do IEEE (Institute of
Electrical and Electronics Engineers), gañaron dous dos catro
premios da primeira entrega da dita competición, convocada co
obxectivo de crear ideas para mellorar a eficiencia enerxética dos
trens.
Gelo
Cubreiro, Juan José Paradela e Juan Alberto Abia, alumnos de
mestrado e grao da EEI lograron o primeiro premio cun sistema de
comunicación home-máquina que servirÃa como guÃa ao maquinista.
Segundo informaron, este sistema contén o perfil óptimo de
velocidades calculado mediante aprendizaxe reforzada, un tipo de
Intelixencia Artificial (IA), adestrado sobre unha simulación.
Pola
súa banda, o equipo formado por Mateo González, Elena RodrÃguez e
Miguel Salvatierra, enxeñeiros industriais que están a cursar o
Mestrado en Telecomunicacións, lograron o terceiro posto da
competición cunha idea para pór en marcha un sistema de baterÃas e
supercondesadores que acheguen autonomÃa ao tren en zonas sen
catenaria. O proxecto propón a conexión e máis a desconexión dos
vehÃculos, segundo a demanda prevista, utilizando técnicas de
análise de datos masivos (Big Data), reducindo a potencia máxima
requerida.
Tras
unha primeira fase na que os equipos participantes deseñaron unha
presentación de cadansúa idea, indicando as solucións técnicas
propostas, nunha segunda fase cada equipo tivo que gravar un vÃdeo
en formato elevator pitch.
Unha
vez avaliadas as propostas presentadas, clasificáronse catro equipos
aos que se lles outorgaron tres primeiros premios (primeiro e
terceiro para o alumnado da UVigo e segundo para un estudante da
Universidade Politécnica de Madrid) e un cuarto premio como mención
especial reservada á idea máis orixinal, que recaeu nun equipo de
la Escuela Universitaria Politécnica de Teruel.